Deportes Vigo al minuto

Preto de 250 nenas e nenos participarán no Torneo Concello de Vigo de fútbol base

Dende o vindeiro día 11 ata o 27 de maio, en Samil

Alertanavia, Arenas de Alcabre, Balaídos CF, San Roque Casablanca, Independiente CF, UD Santa Mariña

Dende o vindeiro día 11 ata o 27 de maio, en Samil

Dende o sábado 11 de febreiro ata o 27 de maio, uns 250 nenas e nenos citaranse cada sábado no campo municipal Armando Cajaraville, de Samil, para xogar en varias quendas partidos de fútbol 8, que se poden converter en fútbol 7 ou fútbol 9 dependendo do número de xogadores presentes.

Non haberá resultados, non se contan os goles, tampouco haberá árbitros e o Concello entrega medallas a todos os inscritos na xornada final.

Así, o céspede converterase os sábados en catro campos para xogadoras e xogadores vigueses de entre 5 e 11 anos, que tamén xogarán contra equipos doutros concellos.

Seguindo estas bases, participan os oito clubs de fútbol adscritos ao programa municipal de escolas deportivas (Alertanavia, Arenas de Alcabre, Balaídos CF, San Roque Casablanca, Independiente CF, UD Santa Mariña e Vigo 2015), pero ademais tamén inscribiranse outras entidades deportivas de Vigo e de municipios como O Porriño, A Guarda, Tui, Ponteareas ou As Neves, como sucedeu antes do peche por coronavirus.

A certo é que polos sábados de Samil pasaron xogadores agora moi coñecidos como Thiago Alcántara (Liverpool FC); Rafinha (Al-Arabi SC); Rodrigo (Leeds United); Yelko Pino (Pontevedra CF); Jonathan Pereira (Nástic de Tarragona); Rubén Blanco (Olympique de Marsella) ou Brais Méndez (Real Sociedad).

También te puede interesar