Tampouco á solicitude de entrevista coa concelleira de Urbanismo
A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que despois dun ano de presentar as alegacións ao documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), o Concello de Vigo non respondeu. «Aínda non recibimos ningunha resposta nin a Asociación, nin a veciñanza que presentou alegacións» Así, os responsábeis veciñais lembran que o período de exposición pública do PXOM, finalizou o 18 de xaneiro de 2022.
O pasado 5 de outubro de 2022, diante da falta de resposta as alegacións, dende a Asociación solicitaron unha xuntanza coa Concelleira de Urbanismo, María José Caride, e co responsable da Xerencia Municipal de Urbanismo, para tratar sobre a tramitación das alegacións, sen recibir resposta.
«Falta de transparencia»
Por iso, desde a Asociación, ven con preocupación a «falta de transparencia e información coa tramitación do PXOM» dado que nin deron respostas as alegacións, nin hai vontade de recibir aos veciños e a pregunta que se fan é: «Hai algo que ocultar?».
Nesta liña, os responsábeis veciñas cren que o Plan Xeral non da resposta as necesidades da parroquia e «hipoteca o seu futuro». Aseguran que non recolle ningunha solución aos graves problemas de trafico que padece Teis, ao non figurar novas infraestruturas; tampouco inclúe a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 de Torres de Padín até o centro; e só se limita a unha grande rotonda en Buenos Aires, que xenera oposición.
«No resolve os problemas de infraestruturas pero logo figuran ampliacións de rúas e camiños en zonas cunha elevada densidade de residentes». Tampouco acomete os atrancos da circulación, e supón unha forte afección para os/as veciños/as, «como é o caso da rúa Oliveira, camiño da Traída de Augas, camiño de Gondesende e Avenida de Galiza».
Solo Urbano non Consolidado
Así, a Asociación insiste en que «seguese insistindo no desenvolvemento de Teis, a través de Peris, Solo Urbano non consolidado (SUNC)». En Teis, figuran 16 figuras de Solo Urbano Non Consolidado (SUNC), que xa figuraron no Plan Xeral do 1993 e do 2008, polo que «levan moitos anos incluídos, sen que ningún de ditos plans se desenvolveron». Mentres, deixan á veciñanza con vivendas incluídas nestas figuras, nunha «situación de incerteza sobre o futuro» e sen poder realizar ningunha obra de ampliación.
Autoestrada AP9 acesos e trafico en Teis.
Seguindo coas súas inquedanzas, os veciños apuntan que a autoestrada AP-9 atravesa a parroquia de Teis é un dos principais accesos a cidade de Vigo, pero que divide a Teis. «Desde a Asociación, levamos anos reivindicando a conversión en tramo urbano da autoestrada AP9 desde «As Torres de Padín » até o centro da cidade.
Cando falan de converter en tramo urbano refírense a «realizar máis acesos para desconxestionar unha parte da circulación, en concreto reducir o elevado tráfico que padece a Travesía de Vigo e especialmente Sanjurjo Badía«.
Por iso, «sempre defendemos diante dos responsábeis do Ministerio de Transportes e do Concello de Vigo a construción de novos accesos como mínimo en «Torres de Padín » e na rúa Buenos Aires». Por iso, «limitar a actuación só a rúa Buenos Aires, sería una medida insuficiente.»
Nin rastro do túnel de Julián Estévez
Tamén, estas propostas sobre os accesos na autoestrada AP-9, «entendiamos que non son a solución definitiva aos problemas do trafico en Teis. Polo que a construción do túnel de Julian Estévez, que figuraba no anterior PXOM e que no actual non desaparece, era unha boa proposta».