Vigo al minuto

100.000 viaxeiros pasaron pola nova Estación de Autobuses nun mes

A conselleira de Infraestruturas critica los “atrancos” do Concello

A Xunta e 12 concellos da área de Vigo, prorrogan dous anos o Plan de Transporte Metropolitano

A conselleira de Infraestruturas critica los “atrancos” do Concello

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade informou onte no Parlamento de Galicia que no primeiro mes de
funcionamento, a nova Estación de Autobuses de Vigo acolleu 1000.000 viaxeiros e máis de 5.000 expedicións.

“Atrancos deliberados do Concello”

Nesta liña, Ethel Vázquez, criticou os “atrancos deliberados e inxustificados do Concello, que retrasaron máis de 6 meses a posta en servizo desta infraestrutura estratéxica para a cidade”. A conselleira subliñou que a estación intermodal “coloca a Vigo como o principal nó de viaxeiros en transporte público do sur de Galicia” e insistiu que as obras da mesma estaban rematadas xa o 10 de xuño pasado.

“Incumprimento dos prazos pactados”

Así, insistiu, “pese a que a intención da Xunta era poñer en funcionamento a nova estación o 1 de agosto, foi preciso agardar ata o 17 de decembro para poder poñela en marcha, polos distintos atrancos do Concello de Vigo”. Exactamente, Vázquez referiuse ao “incumprimento de todos os prazos pactados co Concello na comisión de seguimento”. Asegurou que o Goberno local deu “a calada por resposta a moitos dos requirimentos de información da Xunta sobre a execución de obras de accesos dependentes do propio Concello, fundamentalmente desde a AP-9”.

A maioría dos buses circulan pola AP-9

A este respecto, explicou que o 65% dos autobuses que chegan e saen da estación de Vigo empregan o enlace habilitado á AP-9, unha cifra que “pon de manifesto a relevancia deste acceso para o óptimo funcionamento da terminal”. Algo, dixo, que era ben coñecido polo alcalde de Vigo, pese a que este afirmou que ese acceso non era necesario para a apertura da terminal.

Sinal de prohibido

A conselleira tamén se referiu á instalación, por parte do Concello de Vigo, sen previo aviso e un día antes da posta en marcha da nova estación de autobuses, dun sinal prohibindo o xiro dos autobuses cara a rúa Cervantes, afectando aos itinerarios programados e impedindo a prestación dun servizo público.

Advertiu, ademais, que “a modificación unilateral por parte do Concello do proxecto construtivo do HALO obrigará a modificar os itinerarios das liñas de autobús entre os vindeiros 13 de febreiro e o 18 de marzo, xa que suporá o peche do entronque coa AP-9″.

Para superar este “novo atranco”, explicou, será preciso establecer rutas alternativas polo centro da cidade para as liñas de autobús afectadas co conseguinte reaxuste de traxectos e horarios.

También te puede interesar