RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

A Asociación Érguete atendeu a máis de 6.000 persoas durante o ano 2022

A entidade axudou a mellorar o nivel de vida de 416 persoas máis que en 2021

A Asociación Érguete atendeu a máis de 6.000 persoas durante o ano 2022

A entidade axudou a mellorar o nivel de vida de 416 persoas máis que en 2021

A Asociación Érguete continúa traballando por mellorar a vida das persoas con adiccións. Durante o ano 2022 a entidade superou, por primeira vez nos seus 37 anos de vida, as 6.000 persoas atendidas, concretamente 6.058 persoas recibiron atención dos e das profesionais da organización, o que supón 416 persoas máis que en 2021.

Sete programas de intervención

Para chegar a tantas persoas a Asociación Érguete conta con sete programas de intervención que permiten ofrecer as persoas usuarias unha atención individualiza e adaptada a súa situación. Así, a coordinadora da entidade, Elvira Rivas, destaca que “estes resultados anímannos a continuar a loita que comezaron Carmen Avendaño, Dora Carrera e moitas outras nais fai 37 anos, e a seguir mellorando e innovando para chegar a todas as persoas que o precisen”.

Prevención

Un dos programas chave e nos que a entidade pon o foco é o de prevención, xa que, “para nós é prioritario concienciar as novas xeracións sobre como pode cambiar unha vida unha adicción, á vez que lles dotamos de ferramentas para saber dicir que non e pasalo ben sen consumir”, explican dende o equipo da entidade.

15 concellos da área metropolitana de Vigo e 447 familias

Os e as profesionais da visitaron cos seus talleres de prevención a 4.866 menores da provincia de Pontevedra, compartiron formacións con 447 familias de 15 concellos da área metropolitana de Vigo. Nesta liña, Rivas tamén quere destacar que, “ademais do de prevención, todos os nosos programas creceron en persoas atendidas”, 756 persoas recibiron asesoramento xurídico gratuíto da man dos avogados e avogadas da entidade, 36 persoas viven nas vivendas de acollida que a Asociación ten en Vigo e 176 con condutas adictivas e problemas legais asociados, tamén adolescentes, recibiron un seguimento individualizado e familiar e varias formacións na entidade.

Por último, a Asociación Érguete tamén incrementou a súa presenza nos Centros Penitenciarios de A Lama e Teixeiro, axudando a mellorar as condicións de vida en prisión de 224 persoas.

También te puede interesar