Comarcas Vigo al minuto

Luz verde ao proxecto de renovación da iluminación pública exterior en Covelo

Facilitará un aforro do 70% e a redución de emisión de CO2 á atmosfera

Facilitará un aforro do 70% e a redución de emisión de CO2 á atmosfera

O Concello de Covelo deu luz verde, nunca mellor dito, ao proxecto de execución e ás actuacións para a renovación do alumeado  público, que terá un custo total de 866.144,05€. Unha actuación que recibíu o apoio da DUS5000 no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Unha “economía saneada, as boas relacións coas distintas administracións e a presentación dun bo proxecto ao IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía de España)”, foron as claves para recibir esta axuda directa do 100%.

Aforro do 70%

Así, o Concello de Covelo comeza o ano coa renovación completa do seu alumamento público conseguindo un aforro do 70% e dando cumprimento aos compromisos adquiridos no Pacto das Alcaldías e aos ODS 11 e 13 que promoven cidades e comunidades máis sostibles e accións polo clima.

Preto de 1.400 puntos de luz

O Concello actuará en 1.398 puntos de luz dos 1.563 existentes para substituir as luminarias actuais por novas de tecnoloxía LED -xa que as restantes contan coas mesmas-. Ademais, tamén reformará 81 dos 84 cadros existentes para adaptalos á normativa vixente e instalarase un sistema de telexestión en cabeceira que permite obter e xestionar información detallada sobre consumos, mantemento e fluxos luminosos. Con esta actuación diminuirase a potencia de 139,71 kW a 53,71kW e tamén as emisións de CO2.

Menos contaminación

“Apostar por tecnoloxías máis eficientes e menos contaminantes é un dos compromisos adquiridos por este Concello cando nos sumamos ao Pacto das Alcaldías e está na nosa axenda diaria contribuír, dende o local, á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para un mundo máis igualitario e respectuoso co planeta”, explica o alcalde Pablo Castillo.

También te puede interesar