RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

Convocan unha concentración para denunciar o perigo dos accesos ao Colexio Chouzo

Non hai vixilancia policial nen solución algunha por parte do Concello

Convocan unha concentración para denunciar o perigo dos accesos ao Colexio Chouzo

Non hai vixilancia policial nen solución algunha por parte do Concello

A ANPA do CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo) convoca unha concentración de protesta este venres, 13 de xaneiro, ás 14:00 h, en fronte do colexio para demandar un «camiño seguro ata a escola«.

Dende a ANPA subliñan que o acceso principal do centro educativo sitúase nunha rúa perigosa que pon en risco a seguridade do alumnado e das persoas acompañantes, así como a do profesorado e persoal traballador do centro.

Perigo diario

Lembran que no camiño do Chouzo atópanse as entradas principais do CEIP Emilia Pardo Bazán e, pronto, da nova escola infantil (0-3 anos) e que viven moi frecuentemente «situacións de perigo». As mesmas, explican, están causadas pola mala visibilidade, derivada da propia orografía, ao pobre deseño da rúa; á falta de elementos de redución da velocidade e sinalización; á incorrecta colocación de colectores do lixo e outros elementos; así como ao imprudente comportamento dalgúns condutores e condutoras.

Sen Policía Local e sen resposta do Concello

Ademáis a Policía Local non vixía esta zona na que «danse moi frecuentemente situacións de grave perigo para a vida das familias». Isto ten sido denunciado, insisten, en múltiples ocasións e por diversas vías ao Concello «sen obter aínda unha resposta satisfactoria».

Demandas

Por todo iso esixen o peche do camiño do Chouzo nos horarios de entrada e saída do alumnado: de 8:45 a 9:15 h, de 13:50 a 14:15 h, e de 15:40 a 16:00 h.

Así, entres non sexa posible, deberían establecerse medidas pacificadoras do tráfico:

  • – Presenza continuada de Policía nos horarios xa citados.
  • – Retirada inmediata dos colectores do lixo que entorpecen o paso do alumnado polas zonas habilitadas para tal efecto.
  • – Máis sinalización que limite a velocidade.
  • – Colocación de morróns para separar a zona de paso de peóns da zona de paso de automóbiles.
  • – Colocación ou, no seu defecto, construción de lombos redutores de velocidade.
  • – Plan urbanístico que inclúa a construción de beirarrúas.

También te puede interesar