Comarcas Vigo al minuto

Raíñas e Reis Magos en Covelo

Visitarán cada unha das parroquias

Visitarán cada unha das parroquias

A comitiva das Raíñas e Reis Magos de Oriente visitará cada unha das parroquias do concello de Covelo para repartir ilusión o día 6 en cada recuncho. Deste xeito, a raíña e o rei Melchor sairán de Fofe ás 16:30 horas para chegar a Piñeiro ás 17 e visitar Barcia de Mera ás 17:30 horas. Ás 18 horas repartirán maxia en Casteláns e, de seguido, trasladaranse á Praza Mestre Cerviño.

Melchor

O séquito real de Melchor comezará o seu percorrido na Graña ás 16 horas para continuar visitando Campo ás 16:30 horas, Godóns ás 17 horas e San Salvador de Prado ás 17:30 horas para xuntarse ás 18:30 horas na praza Mestre Cerviño co resto dos reis e das raíñas de Oriente.

Rei e Raíña Baltasar

Pola súa banda, o rei e a raíña Baltasar saudarán á veciñanza de Prado da Canda ás 16:30 horas para chegar á Lamosa ás 17 horas; a Paraños ás 17:30 horas e ás 18 horas a Santa Mariña. A continuación farán a súa chegada ao centro urbano arredor das 18:30 horas.

No seu percorrido, raíñas e reis de Oriente realizarán pequenas paradas nos locais da hostalaría para felicitar o ano e espallar os seus mellores desexos ao seu paso, ademais de agasallar doces que tamén entregarán a todas as cativas e cativos que se acheguen a darlles a benvida o pavillón municipal de Covelo.

Na praza Mestre Cerviño desfilarán nas súas carrozas reais e visitarán ás e aos nosos maiores da residencia da terceira idade. De alí irán ao pavillón municipal onde atenderán a a todas e todos os cativos que, xunto coas súas familias, desfruten do día de Reis xogando nos hinchables e degustando un chocolate con rosca.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.