Galicia Vigo al minuto

Chegan as ‘videoconsultas’ co médico

O Sergas distribúe nos centros de saúde 12.500 novas pantallas con cámara e micro

Chegan as 'videoconsultas' co médico

O Sergas distribúe nos centros de saúde 12.500 novas pantallas con cámara e micro

As ‘vídeoconsultas’ serán unha realidade en Galicia. A nosa Comunidade foi pioneira en ter disponible a tarxeta sanitaria virtual nos smartphones, a que xa dispoñen, ca que contan casi 1,7 millóns de galegas e galegos, ao redor de dous de cada tres.

Por iso, o paso seguinte era de esperar e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) comezará a distribuir 12.500 novas pantallas con cámara a especialistas e centros de saúde de toda Galicia o que permitirá facer ‘videoconsultas’. As mesmas terán un funcionamento moi sinxelo: usando o mesmo teléfono ou un ordenador, entrando na aplicación ‘Sergas Móbil’.

Non todas as consultas

Para que sexa unha realidade, todos os centros de saúde contarán, antes do verán cunha nova versión de ‘Ianus’, a ferramenta informática que xa se emprega na actualidade e que permite aos profesionais sanitarios acceder aos datos médicos do paciente en tempo real. Ademáis, con esta actualización será posible subir información sobre tensión, actividade física -que xa recollen os propios teléfonos móbiles e reloxos intelixentes- cardioimplantes.

De momento, esta tecnoloxía podería empezar a aplicarse para atender a persoas que teñan dificultades para desplazarse, realizar ‘videoconsultas’ psicolóxicas ou de dermatoloxía: haberá que agardar algo máis para que sexa de uso xeral…pero, todo chegará.

También te puede interesar