Galicia Vigo al minuto

A oficina de Servizos Sociais de Teis cumpre 2 meses pechando a media semana

Por falla de persoal

A oficina de Servizos Sociais de Teis cumpre 2 meses pechando a media semana

Por falla de persoal

 A Asociación Veciñal de Teis,  denuncia que a oficina dos Servizos sociais de Teis, esta pechada media semana  (xoves e venres) desde hai 2 meses, ao carecer de persoal – administrativo e bedel -.

As asistentas sociais teñen que atender a Recepción

Está falta de persoal administrativo, sinalan dende a asociación, provoca ademais que o resto da semana, as dúas asistentas sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para «abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade».

Está situación, provoca «unha mingua dos servizos sociais en Teis, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais» -Risga, emerxencia, pensións non contributivas,etc-.

Contacto co Concello en novembro

Por este motivo, a Asociación dirixiuse por escrito no mes de novembro a Concellaría de Servizos Sociais, informando desta situación, «sen recibir ningún tipo de resposta ou solución até o de agora». Tamén   outros colectivos sociais (Os Ninguéns, ODS Coia,) e partidos políticos teñen denunciado este feito, tal e como informou vigoalminuto, que tamén afecta á oficina de Coia.

«É inadmisíbel que esta oficina leve dous meses sen persoal suficiente», denuncian dende a Asociación, dende a que negan que a solución pase por «derivar a veciñanza ao Concello ou cargar de máis traballo as asistentas sociais». Así, afirman que «a este Goberno municipal, só lle preocupa a organización de festas, eventos e  nada  lle preocupan como funcionan os servizos municipais».

«Adaptación» do servizo por «motivos de persoal»

Este mesmo mércores, vigoalminuto preguntou al alcalde sobre este tema e Abel Caballero respostou que esta circunstancia débese á «adaptación» deste servizo por «motivos de persoal». Neste fío, subliñou que o Concello porá en servizo dúas «novas construcións« dependentes de Servizos Sociais: nun edificio da Praza da Princesa -no que antes estaba a sede da Federación de Asociación de Veciños (FAVEC) e no «corazón» do Casco Vello, para atender ás persoas en situación de necesidade.

Resposta do alcalde á pregunta de vigoalminuto

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.