Destacados Vigo al minuto

Obradoiros de Nadal en Naturnova partir dos 4 anos

Os días 27 e 28 de decembro e 3 e 4 de xaneiro

Obradoiros de Nadal en Naturnova partir dos 4 anos

Os días 27 e 28 de decembro e 3 e 4 de xaneiro

Naturnova -situada na rúa Velázquez Moreno, 18 – 20-, o centro de educación ambiental de Afundación, ofrece unha nova proposta didáctica para estas vacacións de Nadal.

Os días 27, martes, e 28 de decembro, mércores, e 3 e 4 de xaneiro, de 11.30 h a 13.00 h, están organizados uns obradoiros centrados en afondar no coñecemento do maior grupo de seres vivos do planeta: os insectos. Así, quen participe nestas xornadas, familiarizarase coas características máis curiosas de, por exemplo, as bolboretas, os insectos pau xigantes ou fantásticos tipos de arácnido.

Inscricións

As inscricións pódense formalizar aquí e as nenas e nenos que asistan deberán estar acompañados por unha persoa adulta.

Esta actividade está incluída no programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante o cal as persoas que visiten as actividades da Obra Social de ABANCA poden doar alimentos non perecedoiros nos colectores habilitados ao efecto.

Esta iniciativa solidaria desenvólvese en cooperación con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e grazas a ela colabórase cos bancos de alimentos locais no labor que desenvolven.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.