Galicia Vigo al minuto

O DOG publica a oferta de emprego público da Xunta con 702 prazas de acceso libre

Se prevé a convocatoria doutras 1.349 máis

O DOG publica a oferta de emprego público da Xunta con 702 prazas de acceso libre

Se prevé a convocatoria doutras 1.349 máis

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Oferta de Emprego Público (OEP) da Administración Xeral da Comunidade Autónoma para o ano 2022 que ascende a 1.124 prazas, das que 702 son de acceso libre e 422 de promoción interna.

Así, a Xunta esgota a taxa de reposición aprobada polo Goberno central, e que afecta a todas as Administracións, para cubrir xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias ou altas e baixas producidas por concursos de traslados.

Así mesmo, tamén se prevé a convocatoria doutras 1.349 prazas para continuar coa terceira fase do proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo pactado no Acordo de concertación para a mellora das condicións do emprego público, asinado en 2019 cos sindicatos CC.OO. e UXT.

702 prazas de acceso libre

O maior número de prazas de acceso libre concéntrase na escala técnica de orientación laboral con 130 prazas, e na especialidade de persoal de limpeza e cociña con 70 prazas. En canto ao eido administrativo, o decreto de oferta publicado hoxe inclúe 30 prazas para o corpo superior (A1), 30 para o corpo de xestión (A2), 50 prazas para o corpo
administrativo (C1), 50 para corpo auxiliar (C2), ou outras 45 prazas para a agrupación profesional (AP)
escala de subalterno.

A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición, garantindo a aplicación dos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, e respectando a libre concorrencia.

También te puede interesar