Comarcas Vigo al minuto

O Concello das Neves cede unha casa a unha familia que vivía nunha situación extrema

Composta por dous adultos e catro fillos

Composta por dous adultos e catro fillos

O Goberno local das Neves vén de aprobar a cesión, por razóns excepcionais de carácter humanitario, e co informe favorable dos Servizos Sociais do Concello, dunha vivenda de titularidade municipal, situada na parroquia de Vide a unha familia sen recursos económicos e que non ten posibilidade algunha de acceder a un alugueiro.

Situación extrema

Esta familia está composta por seis membros, dous adultos e catro fillos que vivían, ata hoxe, nunha situación extrema, nunha casa sen unhas condicións mínimas de salubridade.  Así, aínda que sempre tentaron acceder a unha «vivenda normalizada», non tiveron posibilidade de formalizar un aluguer, posto que o mesmo esixe a presentación de contrato laboral, fianza, seguro ou aval bancario, dos cales esta familia non dispón.

Programa Vivenda Baleira

Á vista da gravidade destas circunstancias, o Concello estimou a incorporación desta familia ao ‘Programa de Vivenda Baleira’ de xeito que poidan dispoñer desta casa por un período máximo de 2 anos, facéndose cargo dos gastos de auga, luz, alcantarillado, lixo e o mantemento da mesma; conservándoa en bo estado, ocupándose da súa limpeza e destinala, unicamente, a residencia, onde os Servizos Sociais municipais farán un seguimento.

Non é a primeira vez que o Goberno local atende a necesidade urxente: hai xusto un ano cedeu, de xeito inmediato, outra casa para unha familia que perdera a súa nun incendio no que, traxicamente, falecera o pai. Agora aténdese esta necesidade imperiosa para evitar que estes veciños sigan vivindo en «condicións infrahumanas».

Este mesmo mércores, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas, supervisaron o estado da casa antes de entregarlle as chaves á familia. A vivenda está completamente amoblada e que dispón de electrodomésticos, calefacción e auga quente

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.