RGPD - Cookies
Galicia

Salceda fai unha aposta decidida pola mellora da saúde e o benestar

Impulsada polo Goberno local e profesionais da sanidade, o ensino e os servizos sociais

Salceda fai unha aposta decidida pola mellora da saúde e o benestar

Impulsada polo Goberno local e profesionais da sanidade, o ensino e os servizos sociais

O Concello de Salceda celebrou a primeira comisión de traballo no eido de saúde e benestar presidida pola alcaldesa, Verónica Tourón.

Esta iniciativa impulsada pola Coordinación do Centro de Saúde de Salceda, estivo formada por profesionais da sanidade, ensino e servizos sociais do municipio, xunto coa concelleira de Sanidade, Educación, Infancia e benestar Gela Ledo.

Mesa de Saúde e Benestar

O obxectivo fundamental da comisión é crear unha Mesa de Intervención Comunitaria en Saúde e Benestar na que participen ademais das persoas que compoñen a mesa, representantes dos diferentes consellos sectoriais do Consello de Participación Veciñal de Salceda.

Esta Mesa ten como finalidade identificar, a través dunha diagnose exhaustiva, coa aportación das distintas áreas e colectivos participantes, as necesidades comunitarias neste senso e poñer en marcha medidas, actuacións e iniciativas que axuden a mellorar o benestar e a calidade de vida da veciñanza, poñendo principalmente o foco na infancia, mocidade e persoas maiores.

Vindeira reunión, 2 marzo

A comisión volverá a reunirse o próximo 2 de marzo co cometido de facer unha análise conxunta da situación actual, marcar as prioridades e os retos do futuro, para establecer medidas concretas.

También te puede interesar