Destacados Vigo al minuto

Eliminado un verquido de augas residuais ao río Lagares

Na parroquia de San Tomé de Freixeiro

Novo vertido de augas residuais ao Lagares

Na parroquia de San Tomé de Freixeiro

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais urbanas cara ao río Lagares. As actuacións iniciáronse no transcurso da inspección levada a cabo por parte dos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependentes de Augas de Galicia, tras a notificación desde o Servizo de Emerxencias do 112 dun vertido na parroquia de San Tomé do Freixeiro que afectaba ao río.

Deficiencia da rede de saneamento

Os técnicos da Xunta desprazados á zona localizaron a orixe da afección denunciada nunha deficiencia na rede de saneamento municipal que discorría pola rúa Baixada a Pontenova, que ocasionaba filtracións de augas residuais urbanas cara ao curso fluvial a través do propio muro de encanamento do río.

Augas de Galicia notificoulle a situación ao Concello de Vigo para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar a achega contaminante. Así, nunha nova inspección xirada á zona con posterioridade, os técnicos da Xunta
corroboraron a reparación da infraestrutura de saneamento municipal
, emendando así o vertido en condicións inadecuadas cara ao dominio público hidráulico.

También te puede interesar