RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

A Xunta aproba unha oferta de emprego de 1.294 prazas para o Sergas

Non prazas de médicos, que se convocan polo concurso de méritos

A Xunta aproba unha oferta de emprego de 1.294 prazas para o Sergas

Non prazas de médicos, que se convocan polo concurso de méritos


O Goberno de Galicia aprobou na súa reunión deste xoves un decreto para convocar 1.294 prazas do Servizo Galego de Saúde (Sergas) correspondentes á oferta pública de emprego (OPE) de 2022.

A elas hai que sumar as da oferta extraordinaria de maio, as que ainda están pendentes dos anos 2020 e 2021 e as de 106 de médicos de Atención Primaria, polo que en conxunto sumarían 5.651.

Postos ofertados

Os postos ofertados ata hoxe son: 2.015 de Enfermaría; 1.052 de persoal técnico de coidados auxiliares; 429 de auxiliares administrativos; 238 de persoal de enfermaría especialista, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais; 199 de persoal de servizos xerais; 48 odontólogos e farmacéuticos e 23 de funcións administrativas.

Entre todas elas resérvanse 28 para persoas con discapacidade intelectual, ainda que non hai prazas para médicos, que van por concurso de méritos. Iso sí: o presidente da Xunta asegurou que este mes más de 1.000 médicos tomarán posesión logo de aprobar as oposicións.








También te puede interesar