Galicia Vigo al minuto

Coidate: o pico da gripe chegará a metade de decembro

O conselleiro de Sanidade chama ás familias a vacinar aos seus fillos

O pico da gripe chegará a metade de decembro

O conselleiro de Sanidade chama ás familias a vacinar aos seus fillos

Aínda non chegou. Pese a que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) indicara hai un mes que o momento alto da gripe chegaría a finais de novembro e os primeiros días de decembro, agora retrasa ese momento á semana que vén, “ou á seguinte”: e dicir a metade deste mes que comezamos hoxe.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña informou onte disto nunha visita ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. “Non temos claro que o pico xa chegase”, admitiu, e asegurou que Sanidade segue a traballar nos ‘plans de continxencia’ para facerlle fronte.

Vacinar aos cativos

García Comesaña insistiu na necesidade de vacinar aos cativos, por dous motivos: o primeiro para protexelos e o segundo para evitar que contaxien a persoas vulnerables, somo avós ou familiares delicados de saúde.

O conselleiro lembrou que a vacinación de nenas e neneos comezará a semana pasada e que preto de 5.000 rapaces recibiron xa a vecina.





También te puede interesar