Comarcas Vigo al minuto

Unha liña eléctrica subterránea de 1,7 quilómetros de longo, ‘alimentará’ o Polígono das Gándaras

UFD investirá na mesma 350.000 euros

Unha liña eléctrica subterránea de 1,7 quilómetros de longo, 'alimentará' o Polígono das Gándaras

UFD investirá na mesma 350.000 euros

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo delegado de Unión Fenosa Distribución (UFD) en Pontevedra, Francisco Ramos, visitou este martes a subestación de Atios na que a distribuidora eléctrica de Naturgy vén de invertir preto de 350.000 euros para a construción dunha nova liña de de saída de media tensión ata o Polígono Industrial
de As Gándaras.

Unha liña de máis de 1,7 quilómetros

A actuación consiste na construción dunha liña de media tensión subterránea de 1.724 metros, dende esta subestación ata o polígono industrial de As Gándaras co obxectivo de apoiar o subministro eléctrico na zona. Ademais, tal e como explicaron os técnicos ao rexedor, está proxectada tamén a reforma do centro de seccionamento existente para dotalo de máis celdas telecontroladas para optimizar a fiabilidade do servizo.

Máis capacidade da rede nunha zona indistrial en crecemento

“Esta nova liña permitirá potenciar a calidade do subministro eléctrico e aumentar a capacidade da red de distribución nunha zona industrial en crecemento”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Os nosos polígonos industriais son o motor económico do Porriño e de parte da contorna, as melloras na calidade do servizo que se lles preste sempre repercutirán positivamente para todo o muncipio”.

Pola súa parte, o delegado de UFD en Pontevedra, Francisco Ramos, explicou que “con estas novas actuacións, reforzase o servizo no Polígono de As Gándaras, que contará cunha nova liña de media tensión de reforzo, asegurando o subministro dunha das zonas industriais máis importantes de Galicia”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.