Destacados Vigo al minuto

A Xunta aumenta a presión sobre o Concello para abrir a nova Estación de Autobuses

Cita ao Goberno local a unha xuntanza este martes

Cita ao Goberno local a unha xuntanza este martes

A delegada da Xunta en Vigo e candidata do Partido Popular á Alcaldía, informou este luns de que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convocou ao Concello de Vigo á comisión de seguimento dos traballos de accesos e contorna da estación de autobuses.

Marta Fernández-Tapias explica, nunha nota enviada á prensa, que a Xunta, o Concello de Vigo e o ADIF terán unha reunión este martes para falar da apertura da nova terminal de autobuses, a coordinación coas actuaciones incluidas no convenio entre as tres administracións e as obras do ascensor Halo.

Os apeos do ascensor listos en novembro

«Agardamos que o Goberno municipal confirme que os traballos para os apeos do seu elevador finalizarán este mes, tal e como tiñan previsto, de forma que o 5 de decembro podamos abrir a estación de autobuses«, comentou a delegada e candidadta do PP.

Fernández-Tapias lembra que a Xunta comunicara o pasado 10 de novembro ao Concello, de forma oficial, a data de apertura da nova estación de autobuses, así como as catro novas paradas nos percorridos ata a mesma.

A candidata á Alcaldía engade que é preciso que se rematen as obras dos apeos do HALO, «que bloquean os accesos e o desvío da entrada e saída de autobuses, para evitar as comentacións provisionais coas que o Concello vai a construir o elevador».

Non é a primeira data que anuncia a delegada

Con todo, hai que sinalar que o 5 de decembro non é a primeira data que anuncia a delegada da Xunta en Vigo para a apertura da nova estación de autobuses. Antes xa indicara o 1 de agosto, poñendo como condición que o Concello tivera rematados os accesos á autopista…ainda que o alcalde sempre desmentiu que os accesos da cidade á autopista tivesen relación coa apertura da estación de autobuses.

Tamén houbo un retraso no remate das obras da nova terminal, que o anterior titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, fixara para finais de 2021 e, finalmente, non estiveron terminadas e entregadas ata o pasado mes de xuño: seis mese máis tarde.

Cartas ao Concello

A delegada da Xunta, por último, asegura que o Goberno municipal non respondeu ás cartas enviadas o 26 de xuño e 28 de xullo pedindo que informase sobre a data de remate das obras de acceso e os permisos do Ministerio de Transportes, condicións que agora se cumplirían coa apertura do túnel de Lepanto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.