Comarcas Vigo al minuto

Nigrán investirá 374.000€ na remodelación da praza da nova biblioteca

O Concello sacou a licitación esta obra que afecta a 2.958 m²

Nigrán investirá 374.000€ na remodelación da praza da nova biblioteca

O Concello sacou a licitación esta obra que afecta a 2.958 m²

O Concello de Nigrán investirá 373.708 € a cargo do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra na remodelación da praza da nova Biblioteca Municipal para extender o uso sociocultural a este gran espazo público de 2.958 m2 totalmente infrautilizado e coa superficie en moi mal estado.

7 meses de execución

A obra, cun prazo de execución de 7 meses, saíu onte a licitación e o proxecto está firmado polos mesmos arquitectos da Biblioteca, Estudio Gándara#Pons, co obxectivo precisamente de darlle continuidade e homoxeneidade ao deseño e complemetarse ambos lugares nos seus usos.

Graderío, fonte

A intervención comprende un redeseño dos itinearios peonís e a ubicación dun graderío inserto no actual manto vexetal da zona noroeste aproveitando o salto de cota (ao carón da Biblioteca). Esta nova bancada lonxitudinal estará orientada cara un espazo central na praza que será unha fonte lúdica con 9 chorros para o xogo infantil pero que, ao mesmo tempo, se adaptará perfectamente como escenario natural ao aire libre para posibles actuacións ou contacontos.

Tobogán de aceiro inoxidable

Paralelamente, e tamén aproveitando o forte desnivel, instalarase un tobogán de aceiro inoxidable ao lado das novas gradas. Co fin de complementar o equipamento para os máis pequenos tamén se prevé no lateral este 3 camas elásticas enrasadas coa superficie e un área de rectangular de montículos de caucho. Ademáis, a remodelación inclúe unha calistenia para facer exercicio físico ou un recuncho especial para o ‘book-crossing’.

Pluviais

Finalmente, renovaranse os colectores de pluviais deteriorados, todo o mobiliario urbano (papeleiras, bancos e aparca-bicis), outorgaráselle iluminación ornamental ás novas zonas e aumentarase a vexetación complementándose con novas especies de pequeno porte e plantas tapizantes.

También te puede interesar