Galicia Vigo al minuto

O comercio do metal de Vigo parará o vindeiro martes, día 22

Este sábado haberá unha mobilización en IFEVI

O comercio do metal de Vigo parará o vindeiro martes, día 22

Este sábado haberá unha mobilización en IFEVI

Tal e como tiñan adiantado en varias ocasións, os traballadores do comercio do metal da optaron finalmente por convocar folga, “ante a ruptura das negociacións do convenio colectivo por parte da patronal”.

Xoiaría, venda de electrodomésticos, ferreterías ou concesionarios

O comercio do metal abrangue actividades tan diversas como comercio de electrodomésticos; ferretería e material de oficina; recambios e accesorios de vehículos; almacenistas-maioristas de material eléctrico; maquinaria en xeral; xoiaría, prataría, reloxaría; concesionarios de vehículos e establecementos de venda de neumáticos, nas que os traballadores levan dous anos cun convenio caducado.

Ao mesmo tempo, as tres centrais sindicais maioritarias -CIG, CCOO e UXT- anunciaron unha nova mobilización este sábado coincidindo coa celebración do Salón do Vehículo Usado e de Ocasión, en IFEVI.

Preto de 8.000 empregados

Con este paro de 24 horas, ao que están chamados os entre 7000 e 8000 empregados, pretenden forzar á patronal a retomar as conversas para renovar o convenio, caducado dende 2020. Así, denuncian que a asociación empresarial “ATRA rompeu as negociacións ao retirar da mesa as últimas propostas que presentara”

Por iso, os sindicatos remitíron escritos a todas as empresas nas que teñen representación explicando aos traballadores o que está a acontecer como consecuencia da actitude de ATRA. “Entendemos que todas estas empresas deberan estar representadas na mesa porque ATRA lles está a ocultar información sobre a realidade da negociación”, sinala a secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández.

‘Intensificar’ as protestas

Ademais, os sindicatos reiteran a súa intención de intensificar as protestas se a patronal continúa coa súa actitude inmobilista e insiste en achegar propostas que a CIG cualifica de “miserentas”. De feito, na última proposta o empresariado ofertaba un 0% de aumento de soldo para os anos 2020 e 2021, mentres que para 2022 ofrecía un 6,5% (dende xaneiro e sen revisión salarial) e un 4% para 2023, sen revisión salarial.

Redución de xornada

En canto á redución de xornada demandada pola parte social, a patronal contemplaba unicamente 8 horas anuais ou cambialas por un día de libre disposición. “O que nós pedimos é que a revisión salarial con carácter retroactivo e que a redución de xornada sexa de canto menos 8 horas en cada un dos dous últimos anos de vixencia do convenio”, explica Fernández.

También te puede interesar