Galicia Vigo al minuto

O comercio do metal de Vigo parará o vindeiro martes, día 22

Este sábado haberá unha mobilización en IFEVI

O comercio do metal de Vigo parará o vindeiro martes, día 22

Este sábado haberá unha mobilización en IFEVI

Tal e como tiñan adiantado en varias ocasións, os traballadores do comercio do metal da optaron finalmente por convocar folga, «ante a ruptura das negociacións do convenio colectivo por parte da patronal».

Xoiaría, venda de electrodomésticos, ferreterías ou concesionarios

O comercio do metal abrangue actividades tan diversas como comercio de electrodomésticos; ferretería e material de oficina; recambios e accesorios de vehículos; almacenistas-maioristas de material eléctrico; maquinaria en xeral; xoiaría, prataría, reloxaría; concesionarios de vehículos e establecementos de venda de neumáticos, nas que os traballadores levan dous anos cun convenio caducado.

Ao mesmo tempo, as tres centrais sindicais maioritarias -CIG, CCOO e UXT- anunciaron unha nova mobilización este sábado coincidindo coa celebración do Salón do Vehículo Usado e de Ocasión, en IFEVI.

Preto de 8.000 empregados

Con este paro de 24 horas, ao que están chamados os entre 7000 e 8000 empregados, pretenden forzar á patronal a retomar as conversas para renovar o convenio, caducado dende 2020. Así, denuncian que a asociación empresarial «ATRA rompeu as negociacións ao retirar da mesa as últimas propostas que presentara»

Por iso, os sindicatos remitíron escritos a todas as empresas nas que teñen representación explicando aos traballadores o que está a acontecer como consecuencia da actitude de ATRA. “Entendemos que todas estas empresas deberan estar representadas na mesa porque ATRA lles está a ocultar información sobre a realidade da negociación”, sinala a secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández.

‘Intensificar’ as protestas

Ademais, os sindicatos reiteran a súa intención de intensificar as protestas se a patronal continúa coa súa actitude inmobilista e insiste en achegar propostas que a CIG cualifica de “miserentas”. De feito, na última proposta o empresariado ofertaba un 0% de aumento de soldo para os anos 2020 e 2021, mentres que para 2022 ofrecía un 6,5% (dende xaneiro e sen revisión salarial) e un 4% para 2023, sen revisión salarial.

Redución de xornada

En canto á redución de xornada demandada pola parte social, a patronal contemplaba unicamente 8 horas anuais ou cambialas por un día de libre disposición. “O que nós pedimos é que a revisión salarial con carácter retroactivo e que a redución de xornada sexa de canto menos 8 horas en cada un dos dous últimos anos de vixencia do convenio”, explica Fernández.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.