RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

Alertan de que o Goberno de Ponteareas mantén un «polvorín de amianto» en pleno centro

No ano 2019, ACiP xa advertiu ao Concello desta situación

Alertan de que o Goberno de Ponteareas mantén un "polvorín de amianto" en pleno centro

No ano 2019, ACiP xa advertiu ao Concello desta situación

Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP) denuncia a «situación ruinosa do edificio de Granitos», do que xa informara hai máis de tres anos ao Concello de Ponteareas.


Amianto acumulado

O seu voceiro municipal indica de que este venres ACiP volveu presentar un escrito dirixido ao Goberno municipal,
no cal esixe o cumprimento da Lei do Solo e solicitan a declaración de ruina e a retirada urxente do amianto alí acumulado.

«A situación é de verdadeiro perigo, xa non só pola contaminación das pezas de uralita, senón porque en días de tormenta saen voando, aterrando na Avenida de Galicia ou na estrada N-120», sinala Juan Carlos González Carrera.

Ao carón dun aparcadoiro público

Para o portavoz de ACiP, o máis grave é que «a alcaldesa mantén neses terreos un aparcadoiro público, permitindo que os veciños e visitantes se acheguen aunhas instalacións repletas de amianto, e nas que poden correr riscos físicos cos
desprendementos dos restos do teito».

González Carrera lamenta ter que chegar aos medios de comunicación, logo de 3 anos nos que o Goberno local non fixo nada. «O Concello de Ponteareas prefire ignorar o amianto de Granitos pero non así o das tuberias da Praza
Bugallal, polo que se viron obrigados a retrasar os prazos de finalización».

También te puede interesar