Comarcas Vigo al minuto

O Tribunal Superior de Galicia ratifica que as canteiras de Atios son Monte Comunal

“Despois de anos de loita nos tribunais, agora se confirma para a eternidade”

O Tribunal Superior de Galicia ratifica que as canteiras de Atios son Monte Comunal

“Despois de anos de loita nos tribunais, agora se confirma para a eternidade”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en sentenza datada o 14 de novembro de 2022, vén de rexeitar o recurso de casación interposto polo concello do Porriño e ratifica que as canteiras ubicadas en Carrascal e Laredo son monte comunal.

“Sentenza histórica”

Dende a Xunta de Montes cualifican a sentencia de “histórica”que “confirma o que os comuneiros e veciños de Atios sabemos dende tempo inmemorial”. Así, “despois de anos de loita nos tribunais, agora se ratifica para a eternidade”.

Responsabilidade do alcalde

Ademáis, subliñan dende a Xunta de Montes, “deixa en evidencia ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo e ao Grupo Municipal do PP”. Algo que consideran que é así porque aseguran que foi o alcalde quen decidiu presentar o recurso e seguir adiante cun pleito que “se sabía perdido”.

Para os responsables da Xunta de Montes, o alcalde debe asumir agora toda a responsabilidade deste fallo xudicial, porque ademais a sentenza impón as custas ao Concello”. Así mesmo, o señor Lorenzo debe responder tamén políticamente pola súa decisión, que nós criticamos duramente porque sabíamos que estaba errada desde o principio. Os veciños de Atios non deberían esquecelo”.

‘Labazada’ xurídica ao Concello

Para os responsables da Xunta de Montes, desde un punto de vista xurídico a sentenza non ten desperdicio, xa que desbota , con lóxica aplastante todos os argumentos do avogado municipal. En primeiro lugar, critica a presentación do recurso por infracción procesal; no fondo da cuestión, “sácalle as cores ao Concello cando pretendía desmontar que o monte comunal de Atios non estaba identificado”.

Dende a Xunta de Montes sinalan que xa que no caso de Budiño invalidouse a parte do deslinde que asinaron as dúas comunidades. Básicamente, o TSXG di que se o caso de Budiño xa foi xulgado, “e iso non afecta para nada á demanda de Atios, porque nada ten que ver Atios co pleito da parroquia veciña e non eramos nós parte nese procedemento”.

Por último, o TSXG reforza a validez e verosimilitude das probas achegadas na demanda, tanto o informe pericial de Ángel Bravo, como o relato manifestado pola veciña do Carbón, Ramona Maceira, a única que a xuiza do Porriño deixou comparecer na sala para dar testemuña.

Nova etapa para Atios

“A partir de agora Atios é dona dos seus recursos”. Isto supón que “seremos os veciños os que ingresemos as rendas das canteiras (veremos cantas quedan, cantas pagan e en que condicións).

Tamén contarán con máis fondos para acometer obras e subvencións. “E esa, precisamente a prioridade desta comunidade de montes”. Por último, dende a Xunta de Montes aseguran que “somos conscientes que toda a
parroquia ten dereito a ser beneficiada co diñeiro procedente do arrendamento das canteiras e dos terreos que ocupan as empresas. No seu momento abordaremos esas cuestións”.

También te puede interesar