Galicia Vigo al minuto

Pneumólogas da Área Sanitaria de Vigo realizarán espirometrías no ‘Día Mundial da EPOC’

Este mércores, en Rosalía de Castro, esquina coa rúa Pontevedra, de 09:30 a 13:30h.

Pneumólogas da Área Sanitaria de Vigo realizarán espirometrías no 'Día Mundial da EPOC'

Este mércores, en Rosalía de Castro, esquina coa rúa Pontevedra, de 09:30 a 13:30h.

O servizo de Pneumoloxía da Área Sanitaria de Vigo habilitará este mércores día 16, unha Unidade Móbil en Rosalía de Castro esquina Rúa Pontevedra para realizar espirometrías ás persoas interesadas. Os profesionais atenderán desde as 9,30 h. ás 13,30 h.

Esta actividade, na que tamén participarán pneumólogos do hospital Ribeira Saúde-Povisa e profesionais sanitarios de centros de Atención Primaria da Área de Vigo,  enmárcase nas accións conmemorativas do ‘Día Mundial da Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica’ (EPOC).

Probas de idade pulmonar

Ademais das espirometrías, os profesionais realizará unha proba de idade pulmonar (maior en moitos pacientes fumadores que a súa idade cronolóxica); instruirán sobre o uso de inhaladores; e ofrecerán consello aos fumadores para abandonar o hábito tabáquico.

Segundo explica a responsable da consulta de EPOC de alta complexidade da Área Sanitaria de Vigo, “con esta actividade, queremos dar a coñecer á poboación esta patoloxía, que segue sendo unha das máis descoñecidas e menos diagnosticadas“.

Neste senso, Cristina Represas subliña que en Galicia a EPOC afecta ao 16,8% dos adultos de máis de 40 anos. “Pero hai outro dato alarmante: en torno ao 73% dos galegos que a padecen non o saben, en parte porque aínda que presentan síntomas, achácanos ao tabaco, e por iso non o consultan”. 

O tabaco, principal causa

A doutora Represas explica que a Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica (EPOC) é unha obstrución crónica das vías respiratorias que dificulta moito a respiración. A mesma está causada fundamentalmente polo tabaco e os síntomas máis comúns son a dispnea (respiración difícil ou desproporcionada á actividade física realizada); tose ou aumento da produción de esputos. Estes síntomas poden limitar a capacidade dos pacientes para desenvolver as súas actividades cotiás.

Así, esta enfermidade supón aproximadamente un 15% de todas as consultas de Atención Primaria, e chega ao 30% nos Servizos de Pneumoloxía. Ademáis, supón un importante número de ingresos hospitalarios, sobre todo en épocas invernais, que se aproxima aos 6.000 pacientes anuais nos hospitais galegos.

También te puede interesar