Deportes Vigo al minuto

Chega o ‘I Raid Serra da Groba-Marqués de Vizhoja’

A fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro

Chega o 'I Raid Serra da Groba-Marqués de Vizhoja'

A fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro

Chega o I Raid Serra da Groba – Bodegas Marqués de Vizhoja, unha carreira que se celebrará a fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro e que levará ás e aos deportistas participantes a percorrer en 16 horas 150 quilómetros polo Rosal, A Guarda, Oia e Baiona.

Novo escenario

A alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández Callís, participou na presentación do evento, que contou tamén coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; da rexedora de Oia, Cristina Correa; co director da carreira, Pedro Álvarez; e con Diego Fernández, representante de Bodegas Marqués de Vizhoja.

Esta proba que cada ano reúne a un número importante de participantes de diferentes comunidades autónomas, este ano estrea escenario, un motivo máis para non perderse unha carreira durísima que terá unha duración de dous días.

Programación

O día 25 será a recepción dos equipos e realizarase un encontro para explicar a todas e todos os deportistas en que consistirá a proba. Ese mesmo día poderán recollerse os dorsais en Santa María de Oia de 20.30 a 22.30 horas. O sábado 26 entregaranse os dorsais na Guarda de 07.30 a 08.15 horas e o domingo 27 de novo.

As persoas interesadas poden xa inscribirse a través da plataforma Track the Race.

También te puede interesar