RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

O pico da gripe chegará a Galicia entre o 26 de novembro e o 10 de decembro

Este luns comeza a vacinación das persoa de entre 60 e 69 anos

O pico da gripe chegará a Galicia entre o 26 de novembro e o 10 de decembro

Este luns comeza a vacinación das persoas de entre 60 e 69 anos

O pico da gripe chegará a Galicia entre o 26 de novembro e o 10 de decembro. Esa é a previsión da Consellería de Sanidade, segundo adiantou o seu titular.


Nunha entrevista concedida á CRTVG, Julio García Comesaña avanzou que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) traballa en todo o territorio nos ‘plans de continxencia’ para facerlle fronte a ese ‘pico’. O conselleiro confirmou que hai un incremento de casos atendidos nas Urxencias de menores e na Atención Primaria.

Vacinación

García Comesaña subliñou a importancia de vacinarse, e lembrou que este luns, día 7, comezan a recibir a súa dose as gelegas e galegos de entre 60 e 69 anos; aquelas persoas en situación de risco; embarazadas; persoal de especial ‘exposición laboral e profesionais dos servizos asistenciais.

Ademáis, o conselleiro sinalou que a campaña infantil segua a «moi bo ritmo» co 20% da poboación diana -de entre 5 meses e 5 anos- xa vacinada.




También te puede interesar