RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

Abanca alcanza 148,8 millóns de beneficio recorrente, cun incremento do 3,3%

Impulsado pola marxe de intereses máis ingresos por prestación de servizos

Abanca alcanza 148,8 millóns de beneficio recorrente, cun incremento do 3,3%

Impulsado pola marxe de intereses máis ingresos por prestación de servizos

Abanca obtivo nos nove primeiros meses do ano un resultado neto de 148,8 millóns de euros, cifra que supón un crecemento do 3,3% en termos recorrentes respecto ao mesmo período do ano pasado.


Esta mellora do beneficio veu impulsada pola maior achega do negocio recorrente (marxe de intereses máis ingresos por prestación de servizos), que creceu un 8,3% e supón o 94% da marxe bruta.

Crecemento de ingresos recorrentes

A actividade comercial da entidade está a verse traducida nos primeiros nove meses do ano en crecementos da marxe de intereses, que se situou nos 538,3 millóns, e dos ingresos por prestación de servizos, que alcanzaron os 210,9 millóns.

Así, a marxe de intereses creceu un 7,8%, impulsado pola evolución da marxe comercial, que aumentou un 12,3%, en ambos os casos interanual. A mellora dos ingresos por servizos, do 9,7%, estendeuse a todas as liñas: 2,4% en servizos bancarios, 17,1% en cobros e pagos, e 6,2% en fóra de balance. Destaca o dinamismo mostrado pola comercialización de seguros, que creceu un 11,3%.

Volume de negocio

Abanca xestiona un volume de negocio de 107.000 millóns de euros, con 46.044 millóns en préstamos e anticipos á clientela e 60.956 en captación de recursos, tras crecer esa cifra un 3,2% nos últimos doce meses.

A carteira de crédito normal incrementouse nun 3,5%, até os 45.995 millóns de euros. Con senllos pesos do 40% sobre o total, as familias e as empresas son os seus compoñentes maioritarios.

También te puede interesar