Galicia Vigo al minuto

A cabina literaria

En Redondela transforman as cabinas telefónicas, obsoletas, en espazos culturais

A cabina literaria

En Redondela transforman as cabinas telefónicas, obsoletas, en espazos culturais

Baixo o nome de “A cabina literaria”, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela promove a reutilización das antigas cabinas telefónicas en espazos literarios. Así, esta proposta, posta en práctica noutras cidades europeas, pretende aproveitar o mobiliario en espazos públicos para converterse en espazos culturais abertos.

Tres ‘cabinas’ para comezar

Neste sentido, a idea consiste en ofrecer libros para compartir que estarán a disposición nas denominadas “Cabinas literarias”. Estas estarán situadas na Fonte de Santiago, Praza da Constitución e Praza de Ribadavia.

“A promoción da lectura é un dos obxectivos máis importantes da concellería que teño o pracer de dirixir, destacando por suposto a lingua galega. Queremos que Redondela sexa unha vila amiga dos libros”, sinala a alcaldesa.

Por iso, dende Normalización Lingüística impulsan proxectos coa intención de ser transversais e interactivos, directamente pensados para os veciños e veciñas. E, como primeiro paso, nas cabinas ofrecerán o acceso aos Libros das Parroquias, proxecto tamén de Normalización Lingüística.

Préstamos de libros

Ao mesmo tempo, os exteriores da cabina contarán con información sobre o procedemento de préstamos dos libros, unha especie de instrucións, que tamén trata de implicar a veciñanza na iniciativa.

A carón disto, o concello ilustrará unha parte exterior da cabina con información sobre a historia do teléfono e a algunha curiosidade sobre a centraliña de teléfonos existente en Redondela, no edificio Royalty, na metade do século pasado.

También te puede interesar