Destacados Vigo al minuto

Veciños de Teis demandan a renovación do abastecemento da rúa Párroco Don Serafín

Agardan polo proxecto ao que se comprometeu o Concello

Veciños de Teis demandan a renovación do abastecemento da rúa Párroco Don Serafín

Agardan polo proxecto ao que se comprometeu o Concello

Asociación Veciñal de Teis, vén de denunciar que a veciñanza da rúa párroco Don Serafín, padece desde hai anos continuas roturas da tubaxe da rede de abastecemento de auga. Isto supuxo, apuntan, cortes do subministro continuos, obras na rúa e o deterioro do firme desta rúa, neste tempo.

By-Pass

Así, en xullo, engaden, “como as roturas eran continuas Aqualia realizou un ” bay pass “ coa colocación en varios tramos da rúa de tubaxe ao descuberto“, como unha medida provisional.

Contactos coa Concellaría de Fomento

Daquela, membros da Asociación falaron coa Concellaría de Fomento, que se comprometeu a realizar, nuns meses, un proxecto para realizar a substitución desta tubaxe. Pasadas as semanas, “a situación da rúa segue cun remendo e non hai unha data para a renovación do abastecemento de auga“, sinalan os veciños.

Hai uns días a asociación veciñas dirixiuse, novamente, por escrito a Concellaría de Fomento e á concesionaria, solicitando coñecer o proxecto de renovación.

Non é un caso illado

Os veciños insisten en que “a rúa Don Serafín non é un caso illado en Teis, temos máis exemplos Subida a Ponte ou Travesía de Chané”, polo que demandan a elaboración urxente dun plan de mellora da rede de abastecemento da parroquia.

También te puede interesar