Cultura Vigo al minuto

Mira como podes descubrir #OVigoMenosCoñecido

O sábado 29 de outubro, co guía Guido

Mira como podes descubrir #OVigoMenosCoñecido

O sábado 29 de outubro, co guía Guido

Moitos vigueses descoñecemos parte da nosa cidade. Son lugares polos que non pasamos, aos que nunca nos levaron ou non sabiamos que existían e que completan a paisaxe de Vigo.

A eses lugares é aos que o guía Guido nos propón chegar o vindeiro sábado 29 de outubro. De 11h a 14h poderemos darnos unha volta por eles, coñecendo a súas historias, curiosidades e particularidades, como parte dos ‘paseos guiados’ por 11 cidades e vilas galegas.

Dende 2019

Este proxecto naceu na cidade de Lugo no ano 2019, con 30 capítulos diferentes de paseos. Despois de estenderse pola provincia de Lugo, este outono abriuse ao resto de Galicia, comezando por Ferrol o pasado 1 de outubro (48 participantes); seguindo en Lugo o pasado 8 de outubro (46 participantes); continuando o pasado 16 de outubro na Coruña (132 participantes) e proseguindo agora en Vigo, “onde agardamos unhas 40 ou 50 persoas”.

Os paseos seguirán por Pontevedra – domingo 30 de octubre; Ourense (6 de noviembre); Tui (12 de noviembre); Santiago  (13 de noviembre); Mondoñedo (19 de noviembre) e Betanzos (27 de noviembre).

Podes consultar toda a información, reservas, precios e propostas do guía Guido na súa páxina web ou nos seus perfís de Facebook, Twitter ou Instagram.

También te puede interesar