Galicia Vigo al minuto

Educación compromete 14 millóns de euros para a construción do Instituto de Navia

Licitará o proxecto cando o Concello ceda o terreo

A Xunta contrata o proxecto do Instituto de Navia e reclama ao Concello que asine o convenio para ceder os terreos

Licitará o proxecto cando o Concello ceda o terreo

O conselleiro de Educación anunciou hoxe que o seu departamento eleva a 14 milllóns de euros o investimento consignado para a construción do novo instituto de Navia.

As obras en 2024 e 2025

Son 2 millóns máis dos inicialmente previstos, como consta no borrador de orzamentos da Xunta para 2023, para “facer realidade unha obra necesaria e estratéxica”. Nesta liña, Román Rodríguez declarou que dese custe total, blíndanse 220.000€ para arrancar coa redacción do proxecto, “sempre que o Concello de Vigo asine o convenio, que lle foi remitido hai meses, para a cesión dos terreos”.

Para a obra, propiamente dita, están sonsignados orzamentariamente pretro de 7 millóns para 2024 e outros 7 para 2025.

Licitación inmediata

“De feito, en canto o Concello asine ese convenio, a redacción do proxecto podería saír a licitación de xeito inmediato”, recalcou o conselleiro, que fixo un chamamento ao diálogo e á cooperación por parte da Administración local.

Nestes momentos a Consellería de Educación conta xa cos planos do futuro edificio e ten encargado o anteproxecto e o estudo topográfico á espera de asinar o convenio co Concello para poder licitar a redacción do proxecto.

Polo tanto, subliñou Rodríguez, a día de hoxe, a Xunta “xa completou todos os pasos ao seu alcance para facer realidade este instituto”. Nesta liña, engadiu, “agardamos -abondou- que o Goberno local [de Vigo] estea á altura dun proxecto destas características e poña todo da súa parte para facelo realidade”.

O proxecto educativo “maís ambicioso de Galicia”

A construción deste instituto é o proxecto máis ambicioso en materia educativa en toda Galicia, e Vigo é o concello que concentra o maior investimento da Xunta neste eido, con máis de 27 millóns destinados pola Xunta a obras de mellora, ampliación ou rehabilitación de centros escolares, indicou o conselleiro.

A este respecto Román Rodríguez asegurou que tan só neste ano 2022, o seu departamento ten adxudicadas o en execución intervencións en nove centros da cidade por máis de 3,5 millóns de euros.

Infografía Instituto Navia (Xunta de Galicia)

800 alumnos, 20 aulas, laboratorios, biblioteca, ximnasio ou pista polideportiva

O novo instituto terá capacidade para arredor duns 700 alumnos e ocupará unha superficie total de preto de 8.200 m2 construídos sobre unha parcela de 12.576 m2 totais.

Nel ubicaranse un total de 20 aulas (16 para Educación Secundaria Obrigatoria e 4 para Bacharelato), e disporá de aulas especializadas (música, tecnoloxía, plástica e debuxo), de laboratorios, aulas multifuncionais (espazos maker), espazo foro, biblioteca, ximnasio, vestiarios e aseos.

Ademais disporá dunha área de Administración (despachos, arquivo, conserxería e reprografía, departamentos didácticos…), de servizos comúns (cafetaría, almacén, vestíbulo e taquillas) e espazos exteriores (patio cuberto, pista polideportiva, espazos cubertos, aparcamento de bicicletas e estacionamentos).

E ademáis:

*Caballero llama mentiroso a Feijóo y exige un convenio para el instituto de Navia

*El alcalde avisa a la Xunta: no habrá plan parcial de Navia si no hay instituto

También te puede interesar