Comarcas Vigo al minuto

Nigrán abre o prazo para solicitar o Servizo de Canguros de atención a menores

É gratuito e para casos excepcionais

Nigrán abre o prazo para solicitar o Servizo de Canguros de atención a menores

É gratuito e para casos excepcionais

O Concello de Nigrán retomou desde este luns, día 10, o Servizo Municipal de Canguros destinado a familias en situación de risco ou exclusión social e para atender necesidades puntuais de conciliación.

Este programa público, que tivo que suspenderse durante a pandemia e posteriormente no 2021 ao non presentase á licitación ningunha empresa, ofrece a estas familias a posibilidade de contar cun tempo determinado ante necesidades circunstanciais de natureza extraordinaria, de tipo laboral, formativo, sanitario e social, a través do uso dun servizo gratuíto de canguros.

As persoas que o precisen e que cumpran coas bases establecidas deben dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.

“Un Nigrán para todos”

“Hai moita xente con dificultade económica que aínda por riba ten problemas á hora de buscar un traballo ou de formarse porque non se pode permitir pagar un servizo privado para o coidado dos fillos, é a esa xente a quen queremos chegar para que teña as mesmas oportunidades; queremos un Nigrán para todos e con este obxectivo promovemos o Programa Municipal de Canguros“, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

O servizo é, por tanto, unha resposta programada desde os Servizos Sociais que garante a atención adecuada ás necesidades dos usuarios. Este será prestado pola cooperativa ‘MilRamas’.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias as unidades familiares responsables de menores a cargo de entre 4 meses e 14 anos (podendo alcanzar como máximo ata os 18 anos en casos debidamente xustificados) que teñan necesidades puntuais obxectivables de conciliación dos campos laboral, familiar e persoal, e teñan dificultades para acceder a outros recursos normalizados.

As axudas deste programa enténdense como o conxunto de accións vinculadas ao cuidado e atencións dos menores no seu propio domicilio, ou fora do mesmo, sempre que o servizo así o requira, realización de acompañamentos (traslado ao colexio, a una actividade extraescolar ou de lecer, a centro sanitario, etc), así como atención durante a realización dalgunha actividade fora do fogar .

Bases

Para acceder ao servizo é preciso estar empadroado en Nigrán, que estea xustificada a petición do mesmo e cumprir cos requisitos de natureza económica establecidos (a modo orientativo, unha familia de dous membros non pode exceder os 15.745 €/ano e unha de catro os 22.6673 €).

También te puede interesar