Comarcas Vigo al minuto

Nigrán abre o prazo para solicitar o Servizo de Canguros de atención a menores

É gratuito e para casos excepcionais

É gratuito e para casos excepcionais

O Concello de Nigrán retomou desde este luns, día 10, o Servizo Municipal de Canguros destinado a familias en situación de risco ou exclusión social e para atender necesidades puntuais de conciliación.

Este programa público, que tivo que suspenderse durante a pandemia e posteriormente no 2021 ao non presentase á licitación ningunha empresa, ofrece a estas familias a posibilidade de contar cun tempo determinado ante necesidades circunstanciais de natureza extraordinaria, de tipo laboral, formativo, sanitario e social, a través do uso dun servizo gratuíto de canguros.

As persoas que o precisen e que cumpran coas bases establecidas deben dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.

«Un Nigrán para todos»

«Hai moita xente con dificultade económica que aínda por riba ten problemas á hora de buscar un traballo ou de formarse porque non se pode permitir pagar un servizo privado para o coidado dos fillos, é a esa xente a quen queremos chegar para que teña as mesmas oportunidades; queremos un Nigrán para todos e con este obxectivo promovemos o Programa Municipal de Canguros«, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

O servizo é, por tanto, unha resposta programada desde os Servizos Sociais que garante a atención adecuada ás necesidades dos usuarios. Este será prestado pola cooperativa ‘MilRamas’.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias as unidades familiares responsables de menores a cargo de entre 4 meses e 14 anos (podendo alcanzar como máximo ata os 18 anos en casos debidamente xustificados) que teñan necesidades puntuais obxectivables de conciliación dos campos laboral, familiar e persoal, e teñan dificultades para acceder a outros recursos normalizados.

As axudas deste programa enténdense como o conxunto de accións vinculadas ao cuidado e atencións dos menores no seu propio domicilio, ou fora do mesmo, sempre que o servizo así o requira, realización de acompañamentos (traslado ao colexio, a una actividade extraescolar ou de lecer, a centro sanitario, etc), así como atención durante a realización dalgunha actividade fora do fogar .

Bases

Para acceder ao servizo é preciso estar empadroado en Nigrán, que estea xustificada a petición do mesmo e cumprir cos requisitos de natureza económica establecidos (a modo orientativo, unha familia de dous membros non pode exceder os 15.745 €/ano e unha de catro os 22.6673 €).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.