Galicia Sucesos

Un morto e 84 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Pontevedra foi a provincia con máis accidentes: 30

Un morto e 37 persoas feridas en accidentes de tráfico a fin de semana

Pontevedra foi a provincia con máis accidentes: 30

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 85 persoas debido a 63 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 7, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 9 de outubro.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia, recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico

Os recursos sanitarios mobilizados foron 82. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 7 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 67 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 7 accidentes.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en  14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar