Cultura Vigo al minuto

Festa dos Callos e dos Socios, en Beade

A fin de semana

Festa dos Callos e dos Socios, en Beade

A fin de semana

O Centro Cultural de Beade ten programada unha intensa actividade para a vindeira finde semana, que abrangue diferentes actos, dende música, pasando por gastronomía e pintura.

Sábado, 15

O sábado 15 o Centro Cultural acollerá a presentación do primeiro disco de Leni Pérez e Roberto Comesaña que ten por título “De ramo en ramo” (ás 19:00h. no auditorio con entrada de balde). Leni e Roberto darán a coñecer ao público un repertorio tradicional protagonizado pola voz, pandeiro e acordeón.

Domingo, 16

O domingo 16 chegará a XXIV Festa dos callos e dos socios, un evento que retorna tras a pandemia. Os visitantes degustarán da gastronomía típica destas datas a prezos populares: primeira ración a 1€ para cada socio da AVCU de Beade; as seguintes racións e os non socios: 7€ con bebida e pan. 

A festividade dará comezo ás 11:00H e contará con música folk da man de Os Escaravellos e Folk de Coiro.

Así mesmo, a exposición “Vivencias” de Paco Santomé segue aberta ao público de luns a domingo en horario de 10H a 22H. Nos cadros están representados recoñecidos persoeiros galegos, vigueses e veciños da parroquia de Beade.

También te puede interesar