Destacados Vigo al minuto

Empeza en A Guarda a rodaxe da 2ª tempada de ‘Los Enviados’, protagonizada por Miguel Ángel Silvestre

Con Luis Gerardo Méndez e Assira Abbate

Con Luis Gerardo Méndez e Assira Abbate

Paramount+ anunciou hoxe o inicio da rodaxe da segunda temporada de Los Enviados, a serie orixinal dirixida polo director e guionista Juan José Campanella, gañador dun premio Oscar, e producida por VIS, o estudo internacional de Paramount, en asociación con 100 Bares e a galega Portocabo.

Primeira tempada

A primeira temporada de Los Enviados, un éxito mundial en Paramount+, foi galardoada nos New York Festivals® TV & Film Awards, un dos premios internacionais máis prestixiosos da industria, onde recibiu o Premio de Ouro ao Mellor Drama e o Premio de Prata por Mellor Guión.

Rodaxe na Guarda

Esta mañá presentouse no concello da Guarda (Pontevedra), o inicio de rodaxe desta segunda temporada da serie. Na presentación estiveron presentes Alfonso Blanco (CEO de Portocabo e produtor executivo da serie), José ‘Fidji’ Viggiano (VP de Producción de VIS Americas -Paramount-), Juan José Campanella (director de 100 bares e showrunner de Los Enviados) e Román Rodríguez (Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia). Ao evento tamén acudiron como invitados representantes dos concellos de Nigrán, Tui, ou institucións como AGADIC.

Transcorre en Galicia

Durante a rolda de prensa o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba deu a benvida aos asistentes e agradeceu que a produción escollese o concello  e outras localidades da zona para a gravación desta segunda temporada.   

José Fidji Viggiano (VP de Producción de VIS Americas -Paramount-) sinalou que dende Paramount “buscamos desarrollar contenido de calidad con los mejores talentos y socios, en este caso 100 Bares y Portocabo”. E quixo facer énfase no emocionados que estaban de poder grabar en Galicia “las localizaciones son totalmente increíbles, el resultado va a ser muy bueno”.

Juan José Campanella (showrunner da serie) tamén quixo expresar a seu entusiasmo por estar rodando na Comunidade: “Galicia es un lugar hermoso, todas las localizaciones donde estamos grabando son maravillosas. Estamos muy felices de estar aquí y esperamos que esta segunda temporada tenga todavía más éxito que la primera”.

Por parte de Portocabo, Alfonso Blanco (Portocabo) manifestou o orgullo que é para a produtora poderse embarcar nun proxecto con 100 Bares e Paramount. “Como productor gallego es un orgullo poder traer un contenido internacional aquí. Es nuestra primera colaboración con latinoamérica, algo muy buscado por nosotros y estamos muy contentos de poder trabajar con estos socios y este talento”.

Pola súa parte, Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, destacou que: “es un privilegio poder presentar una serie de carácter internacional en Galicia y  el efecto que esto tiene: que nuestra comunidad se vea en todas partes del mundo”. O Conselleiro tamén quixo remarcar que esta rodaxe con axentes internacionais e co talento que está involucrado “es la muestra del buen momento que atraviesa el sector audiovisual en Galicia”.

Los enviados: a serie

Nesta ocasión os cregos Simón Antequera e Pedro Salinas deben determinar a veracidade dun milagre nun convento onde viven tres monxas cegas. Pero, ao pouco de chegar, prodúcese unha estraña morte na vila. Así, atópanse envoltos nunha dobre investigación: unha de carácter místico e outra moito máis terrenal e concreta.

A nova temporada, que se rodará en diferentes localizacións de Galicia, está protagonizada por Luis Gerardo Méndez e Miguel Ángel Silvestre xunto a Assira Abbate e un elenco que completan Marta Etura, Susi Sánchez, Francis Lorenzo, Pepón Nieto, Pepo Suevos, Charo Zapardiel, Cristina Marcos, Ricardo de Barreiro, Isabel Naveira, Miquel Insúa, Martí Cordero, Guillermo Carbajo, Carlos Olalla e Luis Iglesia.

Este apaixonante thriller contará, de novo, con Juan José Campanella como showrunner, que tamén será o encargado de dirixir xunto a Martino Zaidelis, Camilo Antolini e Inma Torrente. Escrita por Eduardo Sacheri, Emanuel Diez, Juan Pablo Domenech e Juan José Campanella, a segunda temporada conta coa produción executiva de Muriel Cabeza, por 100 Bares, e Alfonso Blanco, por Portocabo.  

Forcarei, Nigrán, Tui, Oia, Pontevedra e Santiago

A ficción rodarase ata finais de decembro nos concellos de Forcarei, Nigrán, A Guarda, Tui, Oia, Pontevedra e Santiago. Conta co apoio do HUB Audiovisual da Xunta de Galicia xestionado por AGADIC, que ofrece unha inxección económica para as produtoras independentes galegas. Unha medida que, ademais de atraer rodaxes á comunidade autónoma, aumenta a competitividade e fortalece o tecido audiovisual galego. Trátase dunha operación financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia do COVID-19

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.