Comarcas Vigo al minuto

Covelo entrega 500€ as familias que vaian ter un fillo e o empadroen no concello

É o sexto ano que o Goberno local aproba axudas á natalidade

É o sexto ano que o Goberno local aproba axudas á natalidade

Co obxectivo de apoiar ás familias o Goberno municipal de Covelo vén de aprobar por, sexto ano consecutivo, as axudas á natalidade.

As familias que, nos seis meses previos á adopción ou nacemento, estean empadroadas no Concello de Covelo recibirán 500€ de axuda co compromiso de empadroar ao fillo ou filla.

Máis apoios ás familias

O alcalde, Pablo Castillo, explica que con esta medida, ademais, preténdese fixar poboación. “A oferta de servizos como a escola infantil cun amplo horario; o colexio con comedor escolar; a aula matinal para poder deixar aos cativos e cativas dende primeira hora da mañá e a oferta por parte da ANPA de actividades extraescolares lúdicas, didácticas e deportivas xusto no remate do horario escolar, son parte dos apoios que as familias atopan no noso Concello para poder conciliar a vida laboral e familiar”.

Axudas para libros e material escolar

Ademais, Castillo adianta que tamén se veñen de aprobar ás axudas para adquisición de material e libros. Esta axuda, que tamén se aproba por sexto ano consecutivo, vai dirixida ao alumnado de Educación Infantil.

Co obxectivo de contribuír nos gastos que supón a escolarización, «o Concello de Covelo ofrece o seu apoio ás familias de rendas máis baixas que estean empadroadas no concello durante a totalidade do curso escolar».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.