Destacados Vigo al minuto

Critican a «falta de transparencia» na adxudicación do concerto de Muse en Vigo por 2,5 millóns de euros

Tamén os «500 amigos do PP» no ‘palco VIP’ de C.Tangana

Tamén os «500 amigos do PP» no ‘palco VIP’ de C.Tangana

A portavoz parlamentaria de Cultura do BNG, Mercedes Queixas, denunciou na Cámara galega a «adxudicación arbitraria» do concerto de Muse en Vigo, cun custo de 2,5 millóns de euros, que se suma á tamén «opaca» adxudicación do Festival O Son do Camiño, cun gasto doutros 2,5 millóns nun concurso sen anuncio público.

Discriminación da industria musical galega no Xacobeo

Neste sentido, criticou a política de «turistificación cultural arbitraria, falta de transparencia, arribista da lingua e da cultura galega» do Goberno do PP, que beneficia con 5 millóns de euros a 50 formacións musicais das cales só 4 son galegas. Para o PP os recortes só se aplican á cultura galega e por iso o conselleiro de Cultura evitou sacarse unha foto co cartel da obra de teatro que levaba ese título. «Avergóñanse da súa propia política», ironizou.

120.000€ para 7.000 músicos de bandas populares

Fronte ás cifras millonarias para a industria musical de fóra, só se destinaron 120.000 euros para toda a actividade da Federación de Bandas de Música Popular, con máis de 7.000 músicos, decisións que «exclúen á nosa cultura como a receptora principal do diñeiro público das galegas e galegos». Así, a deputada do BNG advertiu que non existe ningún suposto «retorno millonario« que xustifique este custo nin tampouco estudos que o avalen, «onde está ese informe?», demandou.

500 «amigos do PP» no Palco VIP de C.Tangana

«O seu único criterio é a defensa da cultura elitista» dixo en referencia aos 500 «amigos» do PP no palco VIP do concerto de C. Tangana e ao caso do concello de Baiona, para o que a lingua do País «non é válida» na programación cultural do verán por mor da presenza dos turistas. «Vostedes pensan que quen nos visita non pode ter interese en coñecer unha cultura, é sectario e ignorante de seu, pensa o ladrón que son todos da súa condición».

Cal foi o criterio para adxudicar 2,5 millones a Muse?

Ante a «dilapidación» de cartos que fai o Goberno do PP, Queixas exixiu atender ás preocupacións dos axentes culturais galegos e demandou saber cal foi o criterio de adxudicación do concerto de Muse por 2,5 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.