Cultura

Noemí Fernández gañadora do concurso ‘Tes Talento?’

Na categoría infantil resultou gañador Xavi Arós que interpretou o coñecido tema “SloMo”

Na categoría infantil resultou gañador Xavi Arós que interpretou o coñecido tema “SloMo”

A porriñesa Noemí Fernández alzouse onte co primeiro premio desta edición do concurso musical Tes Talento?: 500 euros e a grabación dun tema.

O xurado deu como gañadora a esta moza tras unha interpretación maxistral do tema de Dreamgirls, “One night only”. “Todas as voces que escoitamos eran marabillosas, pero a de Noemí preponderaba sobre as demais e emocionounos a todos nas súas dúas intervencións”, destacou o voceiro do xurado, Carlos Tresandí. 

Iker Faure fíxose co segundo posto cun tema composto por el mesmo, “Hasta que tú quieras”, e o terceiro premio foi Lucía Samoelle e a súa persoal interpretación de “La despedida”.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou “a boa acollida que teñen iniciativas como este concurso musical e todas aquelas actividades culturais que se propoñen, mostra de que O Porriño e a súa veciñanza teñen unha enorme inquedanza cultural e, dende o Concello o respaldaremos”.

En total foron 12 os artistas que disputaron a final tras clasificarse nas dúas semifinais celebradas. O xurado, formado por Carlos Tresandí, Bienvenido Estévez, Carla Lourdes, Miriam Rodríguez e Felix da Silva, destacou a calidade artística de todas as propostas.

Xavi Arós, gañador do concurso infantil

Na modalidade infantil o gañador foi Xavi Arós, que se impuxo ao resto dos participantes coa súa interpretación do tema “SloMo”. En segudo lugar un grupo formado por Antón Pedreira, Fabio Ocampo, Javier Muíños e Mateo Pallares, os Generación M, que brillaron con “Miña Terra Galega”. Por último, Nora Rivas ocupou o terceiro posto tras interpretar “The one that got away”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.