Destacados Vigo al minuto

Marea pide que as modificacións do orzamento de Vigo prioricen ás familias sen recursos

Compara as decisións de Abel Caballero coas de Isabel Díaz Ayuso

El Gobierno local propone ampliar otros 3 meses la tramitación del Plan Xeral

Compara as decisións de Abel Caballero coas de Isabel Díaz Ayuso

Marea de Vigo reiterou o seu desacordo coa “improvisación permanente” sobre o uso dos remanentes que fai o Goberno de Abel Caballero.

O seu voceiro, asegura que durante moitos anos, os sucesivos gobernos do PP impediron que os concellos puideran utilizar os seus aforros para a mellora dos servizos públicos, establecendo o chamado teito de gasto.

Mais, dende o momento no que o Goberno de coalición liberou a posibilidade de usar eses recursos sen a necesidade de usar fórmulas de crédito, o Concello de Vigo leva empregados máis de 40 millóns de euros para acometer diversas actuacións, pretendendo agora utilizar outros 30 millóns dos remanentes nunha liña de axudas as familias, “algo que a priori sempre é positivo e algo co que sempre estaremos dacordo – afirma Rubén Pérez -, mais dun xeito co que non podemos concordar, xa que o reparto farase de xeito lineal, sin ter en conta as necesidades de moitas familias na nosa cidade”.

Recibe o mesmo unha familia que ingresa 100.000€ que outra que non ten nada

Deste xeito, apunta Pérez, unha familia con dous fillos ou fillas que ingrese máis de 100.000 euros vai recibir o mesmo que unha familia que esté en risco de exclusión social ou nunha situación de vulnerabilidade.

O mesmo que fai Díaz Ayuso en Madrid

Isto, segundo o voceiro da Marea de Vigo, “é moi discutible no marco dunha política progresista, e é precisamente o que fai o Goberno de Díaz Ayuso en Madrid, establecendo un criterio universalista para dar unha axuda que entra dentro dos parámetros das axudas sociais”.

É aínda máis discutible, engade Rubén Pérez, cando se fai meses antes dunhas eleccións municipais, utilizando os recursos públicos dun xeito oportunista”.

Alén disto, Rubén Pérez critica que no propio expediente “afírmanse cuestións que redundan nesta liña contraria ao progresismo, cando se plasma que as axudas en forma de bolsas nas que ten competencia a Xunta só están pensadas para as familias en situación de vulnerabilidade, e que a política social ten que ser a entendida por Abel Caballero e Díaz Ayuso, baseada na universalidade das axudas”.

También te puede interesar