RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

CAAN rescata en 48 horas dúas camadas cun total de 15 cachorros

Seis deles foran abandonados nunha caixa en Ponte Caldelas

CAAN rescata en 48 horas dúas camadas cun total de 15 cachorros

Seis deles foran abandonados nunha caixa en Ponte Caldelas

O abandono animal segue a mostrar a súa cara máis amarga. En dous días seguidos desta semana, o Centro de Acollida de Protección de Animais (CAAN) da Deputación recolleu 15 cachorros, seis deles abandonados nunha caixa, que se están a recuperar agora de xeito satisfactorio nas instalacións provinciais da Armenteira (Meis).


Cinco femias e un macho

Os cachorros son cinco femias (Nela, Baca, Crisal, Vera e Terra) e un macho (Watson) que o persoal do centro provincial rescatou abandonados a súa sorte nunha caixa diante do Pavillón de Ponte Caldelas, tras recibir aviso da Policía Local deste concello.

Teñen aproximadamente un mes de idade e están a recibir os coidados necesarios no CAAN, aínda que en principio atópanse en bo estado de saúde.

Outros 9 cachorros

Só 24 horas despois recolléronse outros 9 cachorros que contan con quince días de idade. Son 8 machos (Floro, Lou, Mío, Valdo, Pazo, Bico, Cobo e Sil) e unha femia (Lis) e están a ser aleitados pola súa nai, Quina, que puido tamén ser recuperada xunto aos animais nunha silveira en Dena (Meaño). Afortunadamente todos e todas están tamén en bo estado.

Adopción

Os quince cachorros estarán no CAAN ata completar a súa recuperación e, se todo vai ben, poderán saír en adopción nuns meses tras completar o cadro de vacinación, como é o caso de Panchi e Chachi, dúas cadelas que buscan xa un fogar despois de tratarse no centro das graves lesións que presentaran á súa chegada, froito do maltrato e abandono.

Ambas foran arroxadas o 5 de agosto, con só cinco semanas de idade, desde unha ponte do río Mandelos en Crecente. Cando as recolleron presentaban, a primeira, unha torcedura nunha pata e, a segunda, unha fractura de tibia e desprazamento de peroné. Foron tratadas e recuperáronse no CAAN e xa están listas parasaír en adopción.

También te puede interesar