Galicia Vigo al minuto

Pechada ao tráfico a entrada a Redondela pola Avenida Santa María

Durante 15 días por substitución das canalizacións

Velázquez Moreno, cerrada al tráfico

Durante 15 días por substitución das canalizacións

O Concello de Redondela vén de pechar ao tráfico a entrada ao casco urbano pola Avenida de Santa Mariña (dirección ao Bar Rivas) para, aproveitando ás obras de humanización da citada vía, proceder á substitución das canalizacións tanto de saneamento de pluviais e fecais coma de abastecemento de auga potable, redes que contan con preto de 50 anos de antigüidade.

A alcaldesa Digna Rivas explicou que as obras de humanización “non se teñen que facer só na parte visible, senón tamén no que non se ve, como a rede de abastecemento de auga potable e as de saneamento, que son fundamentais para prestar un servizo óptimo á veciñanza”.

Desvío das liñas de autobús

Mentres duren os traballos, cun prazo estimado de 15 días, os autobuses de liña regular de Autos González e Monbus que circulen en dirección Pontevedra-Redondela-Vigo, recollerán ás e aos pasaxeiros nas paradas habituais situadas no semáforo da Avenida Santa Mariña (xusto antes das obras) e a carón do antigo cuartel da Garda Civil na estrada N-550.

En canto aos autobuses escolares que comezarán a circular o vindeiro día 8, deberán facelo entrando todos pola Praza de Ponteareas.

También te puede interesar