Destacados Vigo al minuto

Piden que o Concello aclare os motivos para desaconsellar o baño na Praia da Calzoa

O BNG pide a Abel Caballero que escoite as reiteradas denuncias veciñais

O BNG insta a Abel Caballero a que escoite as reiteradas denuncias veciñais

O Bloque Nacionalista Galego pide que o Goberno municipal de Vigo aclare os motivos para desaconsellar o baño na praia da Calzoa.

Dende o BNG veñen de solicitar á Concellería de Medio Ambiente os informes e analíticas que motivaron esta recomendación e apunta que «a presenza masificada de cans, pola decisión unilateral do goberno de Abel Caballero de concentralos só neste pequeno areal, pode provocar importantes danos ambientais, tal como denuncia a veciñanza e colectivos ecoloxistas».

Sen explicacións

“O Concello non deu ningunha información das causas para non recomendar o baño na Calzoa desde o pasado 3 de agosto, como tampouco fixo en maio nin o verán pasado”, subliñou o concelleiro do BNG en Vigo.

Xabier P. Igrexas chamou ao Goberno municipal a escoitar as advertencias reiteradas por converter este areal no único autorizado na cidade para a presenza de cans. “Esta decisión unilateral e caprichosa de Abel Caballero, que non tivo en conta nin á veciñanza, nin aos colectivos de defensa ambiental nin tan sequera ás organizacións animalistas, acaba por provocar este tipo de situacións”.

Falla de supervisión do Concello

“Non só está a demostrarse o erro de concentrar nunha praia toda a presenza de cans, tamén evidencia os efectos da absoluta falla de supervisión do Concello”, valorou Igrexas.

Neste sentido, desde o BNG criticaron que non se estea a respectar a ordenanza de praias nin se garantan as mínimas condicións hixiénico-sanitarias“É unha evidente irresponsabilidade do goberno de Abel Caballero por non exercer as súas competencias á hora de supervisar o estrito cumprimento das normas de uso dos nosos areais”, remachou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.