Galicia Vigo al minuto

Ecoloxistas en Acción denuncian a celebración da ‘Festa da auga’ en Vilagarcía en plena seca

Pide ao Concello que rectifique

Ecoloxistas en Acción denuncia a celebración da 'Festa da auga' en Vilagarcía en plena seca

Pide ao Concello que rectifique

A pesar da declaración de alerta por seca en Galicia e da vaga de lumes que azouta o país, o Concello de Vilagarcía fomenta o despilfarro de hectómetros de auga cunha festa da auga”.

Segundo Ecoloxistas en Acción, non se trata tanto de cuantificar os litros de auga a despilfarrar ou non na festa local, senón a mensaxe de que podemos seguir agotando recursos críticos, como a auga, sen que isto cause graves consecuencias. 

Como vai pedir o Concello medidas de aforro aos veciños?

A organización ecoloxista sinala que, de prolongarse a seca,que autoridade moral vaise arrogar o goberno local de Vilagarcía para demandar á veciñanza medidas drásticas de aforro no consumo de auga para superar o desabastecemento no ano hidrolóxico máis seco desde que hai rexistros?”

Ecoloxistas en Acción pon de relevo que a insuficiencia do recurso hídrico é debida tanto á seca e vaga de calor  extremo como a un consumo insostible pola demanda da industria como da agricultura intensiva e gandería industrial.

Ademais subliñan que “durante décadas, o goberno autonómico apenas adoptou medidas para preservar as zonas húmidas e acuíferos”, así, neste tempo, os humidais reducíronse case a metade en Galicia. Fan falla tamén medidas como modernizar unha rede de abastecemento obsoleta que provoca perdas de auga ou reutilizar as augas residuais tratadas.

Pide ao Concello de Vilagarcía que rectifique

A organización ecoloxista solicita ao concello de Vilagarcía que rectifique e converta a festa da auga nunha oportunidade para concienciar á veciñanza da importancia de facer un consumo responsable dun recurso cada vez máis crítico como a auga.

También te puede interesar