Comarcas Vigo al minuto

Nigrán coloca novas ramplas accesibles en Praia América, Panxón e Patos

Antideslizantes, con baixa conductividade térmica e adaptadas a persoas con mobilidade reducida

Nigrán coloca novas ramplas accesibles en Praia América, Panxón e Patos

Antideslizantes, con baixa conductividade térmica e adaptadas a persoas con mobilidade reducida

O Concello de Nigrán ven de investir 17.908 € na adquisición de 8 ramplas flexibles para que os areais de Praia América-Lourido e Patos resulten fácilmente accesibles.

Fronte á tradicional pasarela de táboas, este é un sistema diferente porque resulta máis similar a unha alfombra pola súa flexibilidade, permitindo crear carreiros temporais de acceso para peóns e persoas con mobilidade reducida (cadeiras de rodas, muletas, carriños de bebes, bicicletas, etc) en superficies difíciles.

2 en Panxón, 4 en Praia América, 2 en Patos

Esta semana quedarán dispostas 2 en Panxón, 4 en Praia América-Lourido e 2 en Patos. As mesmas están 100% fabricadas de poliéster reciclado e resultan lixeiras e resistentes pese a súa estrutura flexible e permeable e non teñen cravos ou achas, para maior seguridade dos usuarios.

Recomendación durante o campionato de surf adaptado

«Durante a celebración este ano do campionato mundial e nacional de surf adaptado en Patos os propios deportistas e clubes nos recomendaron este sistema como verdadeiro garante da accesibilidade, xa que as táboas ao final se levantan ou rompen fácilmente, polo que non se recomendan actualmente», explica o alcalde, Juan González, quen destaca tamén a facilitade do seu almacenaxe (enrolada) e colocación.

Entre os beneficios destas pasarelas están tamén que son antideslizantes e con baixa conductividade térmica, polo que resulta agradable e seguro camiñar sobre elas en calquera situación meteorolóxica.   

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.