Cultura Vigo al minuto

Nigrán crea o seu primeiro ‘punto selfie’ en Praia América

Con letras de máis dun metro de alto

Nigrán conta desde hoxe en Praia América-Lourido co seu primeiro ‘punto selfie’, obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica neste areal.

Letras dun metro de altura

As letras foron elaboradas con chapa metálica artesanalmente e teñen unhas dimensións de máis dun metro de altura. De la Jara realizou os pasados veráns tamén de xeito artesanal ‘peixes traga-plásticos’ e recolle-cabichas, ambos artefactos destinados a concienciar aos bañistas de non deixar ningún tipo de lixo neste areal.

«Estamos moi agradecidos a René porque cada ano trae algún agasallo para Praia América dirixido a por en valor esta zona e a concienciar sobre o seu bo uso«, explica o alcalde, Juan González, quen confía en que o ‘punto selfie’ sexa este ano unha das imaxes icónicas da praia en redes sociais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.