Vigo al minuto

‘Terraceo’, por partida dobre, esta fin de semana no Auditorio Mar de Vigo

O venres estarán Soleá Morente e a viguesa dani e o sábado Berto e Familia Caamagno

'Terraceo', por partida dobre, esta fin de semana no Auditorio Mar de Vigo

O Festival TerraCeo volve esta fin de semana por partida dobre á terraza do Auditorio Mar de Vigo. Este venres 1 de xullo será a quenda de Soleá Morente e a viguesa dani e o sábado 2, haberá unha xornada adicada á música galega con Berto e Familia Caamagno.

Venres

O venres, o Hall do Mar de Vigo acollerá ademais a festa de apertura do verán Vigo Open Summer, Vigo Me Mata, na que actuarán recoñecidos dj’s como Groove Amigos, Luigii López ou Dumore. As actuacións na terraza comezan ambos días ás 21.00 horas e o Vigo Open Summer comenzará ás 23.00 horas.

A terraza do Mar de Vigo acollerá este venres a esperada actuación de dúas das artistas máis interesantes do momento, como son Soleá Morente e a viguesa dani. Morente chega ao solpor de TerraCeo para presentar o seu novo traballo ‘Aurora y Enrique’, un fermoso disco de homenaxe ós seus pais, o mítico cantaor Enrique Morente e a bailaora Aurora Carbonell, cheo de cancións profundas e sentidas, pero tamén da súa mestura característica de aires de flamenco e pop. Xusto esta semana, acaba de lanzar o videoclip da canción ‘Domingos’, dirixido polo cineasta Isaki Lacuesta, e onda canta coa galega Isa Cea, da banda Triángulo de Amor Bizarro.

Antes que Soleá Morente actuará a viguesa dani, que coa súa mestura de pop, indie e electrónica, está considerara pola crítica como unha das artistas con máis proxeción do momento. Daniela Díaz Costas pertence a unha familia de ampla tradición musical en Vigo, xa que é filla de Silvino Díaz e Rosa Costas de Aerolíneas Federales e sobriña de Miguel Costas, que fora membro de Siniestro Total. A artista presenta na súa cidade ‘Posdata’, o seu novo traballo cheo de músicas bailables.

Sábado

Pola súa banda, o sábado será a quenda para a música galega, coa actuación de Berto e Familia Caamagno. Alberto Mira foi unha das sensacións da música galega actual co seu anterior grupo, Verto, donde temas como ‘Oye gallego’, convertéronse en hits populares, rebasando o millón de escoltas na plataforma Spotify.

Agora mudou de letra, e baixo o nome de Berto, ofrécenos novas cancións que mesturan ritmos como a bachata, a techno-rumba e a música tradicional galega, na orixinal hibridación que configura ‘Volver ó espazo interior’, o seu último traballo. Ese mesmo día será tamén a quenda dos ritmos frenéticos de Familia Caamagno, que presentarán o seu novo disco ‘Había que intentalo’. O seu rock garaxeiro, de inspiración dos 60s, converteunos nunha das bandas máis populares da música en galego, sobre todo despois do enorme éxito que tuvo a súa versión do tema ‘Xuntos’, orixinal de Juan Pardo, cun videoclip de estética soviética moi celebrado nas redes.

Vindeira semana

O TerraCeo terá continuidade tamén a vindeira fin de semana, onde está prevista o venres 8 a presenza de La Zowi, cantante pioneira do trap español, e o sábado 9 da mexicana Lila Downs e a galega SÉS. Esta última actuación levantou unha enorme expectación e agotará as entradas nos vindeiros días, xa que quedan ás 50 últimas localidades á venda.

‘Vigo me mata’

Pola súa parte, a festa de apertura do verán Vigo Open Summer ‘Vigo Me Mata’, arrincará o venres pola noite ás 23.00 horas no hall do Mar de Vigo. É un evento que se estrea na cidade combinando a experiencia da gastronomía, as novas tecnoloxías e aclamados Dj’s como Groove Amigos, Dumore, Fon Kid ou Luigii López, coñecido DJ irmán do cantante Pablo López. 

As entradas para todos os eventos están disponibles en www.teuticket.com .

También te puede interesar