Comarcas Vigo al minuto

Rutas en kaiak á Illa de San Simón

Os días 2, 16 e 30 de xullo con saída dende o Meirande

Rutas en kaiak á Illa de San Simón

A iniciativa do Concello de Redondela desenvolverase os días 2, 16 e 30 de xullo con saída dende o Meirande

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que aínda quedan prazas baleiras para ‘San Simón, a Illa’ que propón unha visita a este emblemático lugar e á enseada na que se enclava, dende unha perspectiva diferente como é a dunha ruta en kaiak.

Prazas limitadas

Esta actividade, para dar cabida a todas as persoas interesadas, se desenvolverá en tres quendas: 2, 16 e 30 de xullo, estando limitadas as prazas para cada unha delas a 20 participantes.

A saída, nas tres quendas, será ás 10 horas dende o museo Meirande e a idade mínima dos e das participantes será de 4 anos, se ben deberán ir acompañados da nai, pai ou titores; asi mesmo, os e as menores de 14 anos deberán levar a correspondente autorización.

O prezo será de 15 euros e para reservar prazas ou obter máis información, as interesadas e interesados poden dirixirse ao teléfono 986 40 17 13 ou ao enderezo de correo electrónico [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.