Destacados Vigo al minuto

O Porriño volve a acoller os seus Xogos Olímpicos

Este venres, 1 de xullo, comeza Porrigalia!

O Porriño volve transformarse en sede dos xogos olímpicos que reúnen ás principais civilizacións. Galos, castrexos, exipcios, romanos e gregos loitarán esta fin de semana impoñerse nos ‘VI Xogos Olímpicos do Porriño. Porrigalia 22‘.

Alejandro Lorenzo, acompañado polos concelleiros de Cultura e Comercio,o presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño AHOSPOR, e representantes de ANPAS, asociacións e clubs participantes na organización, presentaron este mércores pola mañá a programación do que sen dúbida é o «evento do verán».

Deporte, música, lecer, espectáculo e gastronomía

Porque Porrigalia, dixo, «vai moito máis alá duns xogos olímpicos, aunando o deporte con música, actividades infantís, gastronomía e espectáculos para todos os públicos».

“Se había unha actividade que creo merece a pena recuperar é Porrigalia, e así facíamo saber a veciñanza”, afirmou o alcalde, “Porque non só é festa, deporte e convivencia, senón tamén un verdadeiro revulsivo para a hostalería e o comercio local. Son días de divertirse, compartir e dinamizar a vila”. O alcalde quixo agradecer a implicación do tecido asociativo, hostaleiros, clubs deportivos e anpas que se volcaron nesta festa. “Sen eles non sería posible, Porrigalia é unha festa de todos e para todos”, concluíu.

“Xogos olímpicos”

Un dos eixos principais desta festa son os particulares Xogos Olímpicos nos que todo o mundo pode participar. As Olimpiadas do Porriño comezarán o venres 1 de xullo, ás 20:00 h, co Gran Desfile Olímpico coas ANPAS dos centros educativos do Porriño como protagonistas, acompañadas pola garda pretoriana romana, charangas e asociacións culturais, veciñais e sociais.

Ao rematar o desfile, o alcalde recibirá ao Rei Castrexo Breogán (interpretado por Pepo Suevos, e será destronado, entregando por uns días o bastón de mando. De seguido, un dos momentos máis especiais co acendido da chama olímpica (22:00h).

O sábado 2 de xullo,  a xornada comezará cun gran desfile coronado co pregón de Maxi e a partir das 19:00h na rúa Domingo Bueno, disputaranse as Olimpiadas Técnicas con probas de loita, carreiras de 100 m, carreiras de 4×100 m, salto de lonxitude, salto de altura e lanzamento de peso.

Xa o domingo 3 de xullo, pecharanse as olimpiadas coas probas olímpicas a partir das 10:00 h e os xogos populares  e exhibicións a partir das 19:00 h.

Para participar é necesario inscribirse en www.porrigalia.org ou no mesmo día de maneira presencial na zona de xogos.

A música non faltará en Porrigalia

As Olimpiadas do Porriño terán tamén a súa banda sonora con varios concertos ao longo dos tres días que dura o evento. O venres actuarán as Girls Gang, King-Kids e Dj Pitty. O sábado Os Corivantes, A Banda da Loba e os DJs Javi Reina, Traffic House e Samu Pexe.

Como vén sendo tradición, o broche final correrá a cargo de Troula e o seu lume, que serán os encargados de devolver o bastón de mando ao alcalde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.