Galicia Sucesos

Tres mortos e 43 feridos en accidentes de tráfico en Galicia a pasada fin de semana

O día con máis sinistros foi o sábado

Un segundo accidente laboral en el Área de Vigo: un trabajador sufre heridas en una pierna con una rebarbadora

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 46 persoas debido a 37 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, entre as 15:00 horas do venres, 24, e as 23,59 horas deste domingo, 26 de xuño.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados foron 40.

Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en tres accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 33 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria catros accidente.

En 38 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en  cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.

También te puede interesar